O Concello de Guitiriz convoca unha excursión á Ribeira Sacra

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz organiza unha visita á Ribeira Sacra para o luns, 16 de outubro.
excursion ribeira sacra guitiriz portada
7 Out 2023

O Concello de Guitiriz organiza unha visita á Ribeira Sacra para o luns, 16 de outubro.

A saída terá lugar ás 08:00 h desde a praza do Campo da Feira e o criterio de selección será por rigorosa orde de inscrición, tendo prioridade as persoas empadroadas no municipio.

As prazas son limitadas e todas as persoas interesadas en participar nesta iniciativa poderán inscribirse na oficina de turismo, ata o venres 13 de outubro ás 12:00 horas.

O viaxe terá un prezo de 40 euros e nesta tarifa inclúese o almorzo, a visita a unha bodega, o xantar, unha viaxe en catamarán, seguro e transporte.

excursion ribeira sacra guitiriz
0.11048316955566