O Concello de Guitiriz entrega varios lotes de libros ás bibliotecas escolares locais

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, achegouse ata os centros educaticos do Concello para facer entrega dunha doazón de libros, co obxectivo de mellorar o fondo bibliográfico das bibliotecas escolares e poñer á disposición do seu alummnado diferentes obras.
Entre as pezas entregadas figura o libro de poesía Pretérito imperfecto de Minerva Varela Saa, ou o gañador da IV edición do Premio Díaz Castro, A traxedia da arquitectura de Xosé Luís Mosquera Camba.
Ademais, non faltou un pequeno lote composto por libros dos bolechas; dos que tamén poderán gozar os nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia.