O Concello de Guitiriz establece catro liñas de axudas aos estudantes

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz dedida 25.
19 Oct 2020

O Concello de Guitiriz dedida 25.000  euros a axudas para material escolar, transporte e reducción da fenda dixital dirixida a estudantes do curso 2020/2021.
Todas as persoas interesadas terán un prazo de presentación que remata o vindeiro 19 de novembro.
A subvención consta de catro liñas. A primeira delas, destinada a material escolar para nenas e nenos de Educación Infantil (de 3 a 5 anos) e para aqueles alumnos/as de Bacharelato residentes en Guitiriz matriculados en centros municipais e de fóra do municipio.
A Liña 1 pretende cubrir as necesidades de material escolar, didáctico, libraría e/ou reprografía así coma dispositivos adaptados a nenos/as con N.E.E.
A Liña 2 é a referida a axudas no transporte, destinado a alumnado de Universidade e Ciclos Formativos. Busca cubrir as necesidades de desprazamento do alumnado tanto ao lugar onde realiza a formación como de transporte interurbano se fora o caso.
A Liña 3 é a destinada á mellora da conexión dixital do alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e da ESO. A finalidade é realizar unha mellora a través de contratos de liñas wifi, de suministro de datos ou doutros dispositivos existentes no mercado. 
A Liña 4 céntrase na adquisición de dispositivos tecnolóxicos. Irá destinada ao alumnado de 4º da ESO e Bacharelato empadroado no Concello de Guitiriz (aínda que realice os estudos en centros de fóra do Concello).
Esta última bolsa de financiación pretende cubrir a necesidade de dispositivos tecnolóxicos para levar a cabo tarefas e conexións académicas propias desta etapa como: ordenadores, portátiles ou tablets.
Estas liñas de axuda son incompatible entre elas, é dicir, cada estudante só poderá optar a unha delas.
O fin último destas axudas é o de favorecer a integración socio laboral dos pais, nais, titores ou acolledores, apoiando a unidade familiar que, por escaseza dos seus recursos económicos, non poden afrontar o custo do servizo e, deste xeito, garantir as necesidades básicas no eido da vivenda, educación, cultura e o traballo.

0.17410206794739