O Concello de Guitiriz habilita un punto informativo sobre as afectacións do parque eólico SatreBares
TerraChaXa
Para acceder a esta información será necesario coñecer a referencia catastral correspondente

3 Feb 2025
A partir de hoxe, luns 3 de febreiro, o Concello de Guitiriz pon a disposición da veciñanza un punto informativo para consultar os bens afectados polo proxecto do parque eólico Satrebares.
No punto informativo estarán dispoñibles mapas e un listado detallado dos bens afectados para a súa consulta. Para acceder a esta información será necesario coñecer a referencia catastral correspondente. Ademais, o persoal da oficina estará dispoñible para resolver dúbidas e atender consultas relacionadas.
Esta iniciativa busca facilitar á cidadanía o acceso á información sobre este proxecto eólico, garantindo a transparencia e a participación veciñal.