O Concello de Guitiriz impulsa talleres de relaxación e para combater o insomnio
A psicóloga Alba Campos impartirá un taller de relaxación e outro para combater o insomnio na Casa Habanera de Guitiriz impulsados polo Concello.
O primeiro sobre o manexo da activación cognitiva e emocional, diríxese á poboación en xeral e, en especial, para aquelas persoas que padezan problemas de ansiedade, estrés e insomnio.
Serán un total de 12 sesións que se desenvolverán os martes e mércores de oito e cuarto a nove e cuarto dende o 19 de setembro ata o 6 de decembro.
E para as persoas con problemas específicos de insomnio, tamén se desenvolverá outro taller de seis sesións cada mércores de sete da tarde a oito do serán e que comezará o 6 de setembro.
As persoas interesadas poden inscribirse a través dos teléfonos 982 370 109 ou 600 08 14 43. As prazas son limitadas a un máximo de 10 persoas por grupo no primeiro caso e, no segundo, ata 15 persoas.