O Concello de Guitiriz inicia en Pígara xuntanzas polas parroquias do rural

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz impulsa visitas á parroquias para dar a coñecer a vida municipal e coñecer, da man dos seus veciños e veciñas, as necesidades específicas de cada zona debido "á enorme extensión do municipio, uns 294 quilómetros cadrados".
Río Parga ao seu paso por Guitiriz
23 Nov 2017

O Concello de Guitiriz impulsa visitas á parroquias para dar a coñecer a vida municipal e coñecer, da man dos seus veciños e veciñas, as necesidades específicas de cada zona debido "á enorme extensión do municipio, uns 294 quilómetros cadrados".

A primeira visita dos responsables municipais celebrarase en Pígara este venres 24 de novembro entre as cinco e media e as sete e media da tarde no local da Escola onde recibirán aos veciños e veciñas que queiran achegar temas persoalmente ao equipo de goberno.

Posteriormente, ás nove e media, está prevista unha xuntanza xeral no mesmo local para abordar propostas de necesidades concretas en Pígara ou en todo o Concello "para telas en conta á hora de elaborar os orzamentos do 20118", información puntual sobre a recollida de lixo, cans, catastro, luz, obras, etc. Tamén se abordarán os temas relacionadas con ERIMSA e haberá tempo para suxestións e preguntas.

Os dous actos son abertos ao público en xeral e estarán presididos pola alcladesa, Regina Polín.

0.16369795799255