O Concello de Guitiriz medirá o gas radón existentes nas súas instalacións

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz súmase a iniciativa de verificar se existen niveis de radón nas instalacións e outros edificios administrativos.
15 Mar 2018

O Concello de Guitiriz súmase a iniciativa de verificar se existen niveis de radón nas instalacións e outros edificios administrativos. "Estamos na Rede Concellos Saudables e isto é un tema que no futuro vai ser obrigatorio, xa que así o estipula a Organización Mundial da Saude (OMS)", di Regina Polín alcaldesa de Guitiriz.

A empresa encargada, Control y Estudios, colocará 95 detectores nas 14 instalacións públicas, que medirán durante cen días os niveis de gas radón. Estes detectores respiran o aire nesas dependencias e van medindo as pequenas explosións que se xeneran no seu interior, e son estas as que se observarán no microscopio para determinar a cantidade de gas no aire. Se é un edificio municipal pasarase á segunda fase e se é un edificio que depende das consellerías, pasarán a información á competencia correspondentes. A segunda fase sería a eliminación mediante ventilación, ou creación de zonas ventiladas mediante extractores que levan o gas ao exterior.

O radón é un gas  incoloro, inodoro e insípido que provén principalmente de emanacións do terreo e é especialmente habitual en Galicia, debido a que se trata de terreo de base granítica. A súa liberación á atmosfera dá como resultado concentracións de poucas decenas de Becquerelios por metro cúbico que se dilúen cos gases da atmosfera. En espazos interiores onde penetra e acumúlase, pode acadar valores por riba dos 1.000 Becquerelios por metro cúbico. A partir de niveis de entre 100 e 300 Bq/m3 as recomendaciones a nivel internacional sinálano como un risco para a saúde, xa que  é a segunda causa de cancro de pulmón despois do tabaco.

 

0.15805506706238