O Concello de Guitiriz organiza un curso de alérxenos e outro de manipulador de alimentos
TerraChaXa
O Concello de Guitiriz realizará o 26 de maio un curso de alérxenos na Aula Cemit da localidade.
15 Maio 2018
O Concello de Guitiriz realizará o 26 de maio un curso de alérxenos na Aula Cemit da localidade. Esta sesión terá lugar entre as 9.00 e as 14.00 horas e terá un prezo de 10 euros.
A inscricións para o curso poden facerse ben de xeito presencial no concello ou ben por teléfono no 982 370 109 ou por mail no info@concellodeguitiriz.com
O prazo de inscrición estará aberto ara o 23 de maio.
Por outra banda, ten prevista tamén a celebración doutro curso de manipulador de alimentos que será o 1 de setembro, co mesmo horario e o mesmo prezo. O prazo de inscrición xa está aberto ata o 27 de agosto.