O Concello de Guitiriz organiza unha cea solidaria

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz organiza xunto coa Asociación de Loita contra o Cancro (AECC) de Guitiriz para o 30 de marzo unha cea solidaria no restaurante  La Casilla a partir das 21:00 horas.
13 Mar 2019

O Concello de Guitiriz organiza xunto coa Asociación de Loita contra o Cancro (AECC) de Guitiriz para o 30 de marzo unha cea solidaria no restaurante  La Casilla a partir das 21:00 horas. Esta cita, que se celebra anualmente no Concello ten como obxectivo recadar fondos para esta asociación solidaria.

A venta de entradas para a cea é no propio restaurante La Casilla, no bar  Gaibor, no Concello de Guitiriz, na perruquería Gloria, no bar Recreo, e na droguería Cheno. A cea terá un prezo de 20 euros.

A organización establece tamén a posibilidade de colaborar cunha achega económica para todos aqueles que non poidan asistir.

0.13748407363892