O Concello de Guitiriz organiza unha viaxe a Portugal
TerraChaXa
O Concello de Guitiriz organiza para os días 10, 11 e 12 de abril, unha excursión a Fátima, Tomar, Obidos, Nazaré e Feira de Valença.
25 Mar 2023
O Concello de Guitiriz organiza para os días 10, 11 e 12 de abril, unha excursión a Portugal, na que as persoas que se apunten poderán coñecer Fátima, Tomar, Obidos, Nazaré e Feira de Valença.
A excursión sairá o 10 de abril ás 06.30 horas desde a praza do Campo da Feira de Guitiriz e ten o regreso previsto para aproximadamente as 21.00 horas do 12. O prezo por persoa é de 175 euros e inclúe pensión completa, transporte, seguro e guía.
O prazo para anotarse rematará o xoves, 30 de marzo, e as persoas interesadas deben inscribirse na oficina de Turismo. As prazas son limitadas por rigorosa orde de inscrición con preferencia para as persoas empadroadas.