O Concello de Guitiriz propón unha serie de recursos culturais virtuais
A Biblioteca Municipal do Concello de Guitiriz 'Casa Habanera' publicou unha ampla listaxe de recursos culturais virtuais para que a veciñanza poida facer uso deles durante o confinamento.
Esta escolma de recursos xa está publicada na páxina web municipal e no Facebook do Concello para que toda a cidadanía poida facer uso deles e tamén aportar outros que cada un coñeza.
Contos breves, vídeos de autores ou autoras, poemas en liña, series, audio-contos, karaokes para cantar en familia... son algunhas das opcións que se atoparán os que accedan a esta listaxe.
A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, explicou que “o obxectivo deste tipo de iniciativas é tentar que os nosos veciños e veciñas leven dun mellor modo o confinamento e, á súa vez, contribuír a distribuír a nosa cultura dun xeito atractivo e para toda a familia”.