O Concello de Guitiriz recibiu 103 solicitudes para as axudas a autónomos

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz recibiu un total de 103 solicitudes para participar na súa liña de subvencións dirixida a paliar os efectos económicos xerados pola crise sanitaria da COVID-19.
13 Xul 2020

O Concello de Guitiriz recibiu un total de 103 solicitudes para participar na súa liña de subvencións dirixida a paliar os efectos económicos xerados pola crise sanitaria da COVID-19. Tras facer o reconto, os técnicos municipais están a estudar todas as instancias presentadas para facer a adxudicación definitiva.

Todos os autónomos do municipio que se visen afectados polo Estado de Alarma e participasen, se finalmente cumpren os requisitos marcados nas bases da convocatoria, recibirán unha axuda de, como mínimo, 1.500 euros.

Esta poderá incrementarse 400 euros por autónomo a maiores empregado dentro do mesmo establecemento, podendo realizarse unha única solicitude por local e cun máximo de 2.500 euros.

O orzamento municipal que o goberno local destina a esta iniciativa ascende a 140.000 euros, cofinanciados con recursos propios e mediante o Plan Único provincial.

0.069706916809082