O Concello de Guitiriz visitará as parroquias para cotexar o inventario de camiños
TerraChaXa
O Pleno do Concello de Guitiriz aprobou o inventario de camiños que recolle estradas e camiños de titularidade municipal, estradas provincias, autonómicas e nacionais.
23 Nov 2018
O Pleno do Concello de Guitiriz aprobou o inventario de camiños que recolle estradas e camiños de titularidade municipal, estradas provincias, autonómicas e nacionais.
Tendo en conta o complexo traballo que se precisa para este inventario, é necesaria a colaboración da cidadanía para estudar e correxir a documentación exposta.
Os responsables da empresa contratada visitarán as diferentes parroquias para aclarar dúbidas e escoitar comentarios e suxestións, onde cada persoa pode presentar as alegacións que consideren oportunas, coa finalidade de deixar feito un documento o máis acorde posible á realidade.
Os horarios de visitas serán de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 19:00 os días:
- 20 de novembro Escola Habanera de Guitiriz.
- 21 de novembro Local parroquial de Santa Mariña
- 22 de novembro Escola de Mariz
- 23 de novembro Escola de Negradas e O Vilar
- 26 de novembro Escola de Becín
- 27 de novembro Local do Cit de Parga
- 28 de novembro Escola de Santa Locaia
- 29 de novembro Escola de Pedrafita
- 30 de novembro Escola de San Breixo
- 3 de decembro Escola de Roca
- 4 de decembro Escola de Santa Cruz
- 5 de decembro Local parroquial de San Salvador
- 7 de decembro Escola dos Vilares
- 10 de decembro Escola da Ventisca do Buriz
- 11 de decembro Escola de Labrada
- 12 de decembro Escola de Pígara
- 13 de decembro Mesón da Cabra de Trasparga
- 14 de decembro Escola Habanera de Guitiriz
- 17 de decembro Escola Habanera de Guitiriz