O Concello de Lourenzá levará varios cursos as parroquias

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Lourenzá organiza un programa de dinamización das parroquias no que e ofrecerá un variado programa.
10 Feb 2019

O Concello de Lourenzá organiza un programa de dinamización das parroquias no que e ofrecerá un variado programa. Dito programa oferta novas tecnoloxías, ximnasia de mantemento, pilates, manualidades e artes decorativas.
Así, na parroquia de San Xurxo haberá un curso de manualidades os xoves de 16:30 a 18:30 horas. Na parroquia de San Tomé será de ximnasia durante os luns e mércores de 19:30 a 20:30; e de pilates, tamén luns e mércores de 20:30 a 21:30 horas. E na parroquia de Santo Adrao o curso será de manualidades durante os mércores de 16:30 a 18:30 horas.
Cando remate o curso, farase unha festa fin de ciclo cunha exhibición de aerobic e zumba, unha exposición dos traballos de manualidades feitos polos alumnos e poderase desfrutar dunha merenda para todos os participantes, e todo isto acompañados dunha boa animación musical.

0.13569283485413