O Concello de Meira acometerá as obras da traída de Orpín
O Concello de Meira realizará as obras de construcción da rede de abastecemento de augas no lugar de Orpín, pertencende á parroquia de Seixosmil. Estas obras, que teñen un orzamento de 48.500 euros, faranse con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, una das obras máis demandadas dos veciños, segundo explicou o rexedor municipal Antonio de Dios.
Malia que a primeira intención do concello foi facer esta obra con fondos propios estiveron neste tempo pendentes dos permisos polo que finalmente atoparon outro sistema de financiamento.
As obras consistirán na realización da captación do manantial, para o que se abrirá un camiño para maquinaria, e a construción dun depósito de 10.000 litros de capacidade. A esto hai que engadir as conducións necesarias para o seu empate coa rede pública.
Ata o de agora, os veciños de Orpín abastecíanse mediante pozos e traídas que durante o verán resultaban insuficientes, razón pola que urxía esta obra, que tamén se fará en Corota.