O Concello de Meira adquiriu unha finca nas inmediacións do Pedregal

TerraChaXa
O Concello de Meira adquiriu unha finca nas inmediacións do Pedregal co obxectivo de destinala a diferentes actuacións para a posta en valor
pedregal de Irimia_meira
11 May 2021

O Concello de Meira adquiriu unha finca nas inmediacións do Pedregal de Irimia co obxectivo de destinala a diferentes actuacións para a posta en valor do nacemento do Miño.

Así o anunciou o alcalde do Concello, Antonio de Dios, quen indicou que a finca porase a disposicion da Confederación Hidrográfica do Miño para futuras actuacións.

A compra da finca está financiada pola Deputación en base a un convenio e xa foi rematada a transación, que tivo un custe de 47.000 euros, dos cales, a Deputación aporta algo máis da metade, 25.000, e o Concello do resto (22.400 euros).

A zona do Pedregal de Irimia foi recoñecido como o lugar de nacemento do río Miño, situado na Serra de Meira. É un enclave hidrográfico natural situado a tres quilómetros da vial e ten un efecto visual dun río de pedras, coma un embudo.

A súa extensión é de aproximadamente 700 metros e procede dunha morrena cárstica do periódico periglaciar (de entre 20.000 e 10.000 anos aproximadamente).

O obxectivo final será a construcción dun paseo fluvial no río Miño ao seu paso polo municipio meirense.

0.14956617355347