O concello de Meira amplía a oferta nas escolas deportivas

TerraChaXa
O Concello de Meira abriu estes días o prazo de inscrición para as escolas deportivas, que darán comezo este mes e se prolongará ata maio.
1 Oct 2018

O Concello de Meira abriu estes días o prazo de inscrición para as escolas deportivas, que darán comezo este mes e se prolongará ata maio.

Así, novamente haberá fútbol sala no programa pero, ademais, o Concello incorporou este ano tamén o baloncesto e a patinaxe, que se incorporan ao calendario porque a nosa intencións é "darlle un impulso a este apartado aportando novas opcións aos rapaces", explicou o concelleiro de Deportes, Agustín Méndez, que tamén asegurou "que levávamos tempo con esta intención e por fin conseguilos facelo".

As tres actividades, que se impartirán polas tardes de luns a venres serán gratuítas e o prazo de inscrición segue aberto porque aínda estes días entregáronse os boletíns no colexio para que os cubriran os rapaces.

Tanto en fútbol sala como en baloncesto os rapaces entrarán na competición regular pero en patinaxe será sólo aprendizaxe.

Como explica o concelleiro, será unha empresa nova a que se ocupará deste ano das escolas deportivas "coa que queremos ofrecer un bo servizo".

0.16770696640015