O Concello de Meira convoca de novo o curso de costura

TerraChaXa
A programación será de tres días de clase mensuais que suporán 50 euros ao mes
curso-costura-meira
22 Out 2024

O Concello de Meira organiza de novo un curso de costura que impartirá María Luisa Freire Cordero, modista e profesora de corte e confección.

Os interesados en anotarse poden facelo no 639 728 129 ou no correo freirecorderomarisa@gmail.com.

A programación será de tres días de clase mensuais que suporán 50 euros ao mes. Cada sesión constará de tres horas de formación. Terá que reunirse un mínimo de dez persoas para comezar o curso.

0.19108986854553