O Concello de Meira convoca o primeiro concurso de postais de Nadal

TerraChaXa
Os interesados poden depositar as súas creacións nun buzón situado diante do centro ata o 26 de novembro
concurso-postal-nadal-meira-portada
18 Nov 2024

O Concello de Meira, en colaboración coas Asociacións Meiregas, pon en marcha o primeiro Concurso de Postais de Nadal, unha iniciativa aberta a participantes de todas as idades. O obxectivo é deseñar unha postal orixinal e creativa que se converterá na felicitación oficial do Concello para estas festas.

Os interesados poden depositar as súas creacións nun buzón situado diante do centro ata o 26 de novembro. A postal gañadora non só será utilizada como felicitación oficial, senón que tamén estará dispoñible para o público en exemplares impresos.

O xurado elixirá o gañador de entre todas as postais participantes, e darase a coñecer o venres 29 de novembro ás 19:00 horas no mesmo lugar onde se depositaron: O Centro. Ese día farase a inauguración da decoración de Nadal así como o acendido do alumeado no concello de Meira. Neste acto haberá un Concerto de Panxoliñas. As postais participantes estarán expostas no dito local.

Para consultar as bases completas do concurso, hai dispoñibles varias opcións: a través do código QR presente no cartel, no taboleiro de anuncios situado diante da Casa de Cortón, na web oficial do Concello ou na Oficina de Turismo de Meira.

concurso-postal-nadal-meira
0.19128894805908