O concello de Meira inviste 130.000 euros en obras viarias

TerraChaXa
O concello de Meira fará obras de mellora e reposición do firme dos viais de comunicación nos núcleos de As Casas Novas, Paredes, A Valiña, A Pena e Vilaxuso.
3 Feb 2018

O concello de Meira fará obras de mellora e reposición do firme dos viais de comunicación nos núcleos de As Casas Novas, Paredes, A Valiña, A Pena e Vilaxuso. Ademais dos traballos de adecuación da recollida de augas pluviais de A Pena. O concello local iniciou os trámites para licitar as obras dos proxectos, valorados en 130.301,06 euros. O proceso continuará coa recepción de ofertas recibidas, a valoración das mesmas e a adxudicación.

Tamén sacaron a licitación as obras para a mellora na acesibilidade da casa consistorial colocando un ascensor e unha rampa para facilitar o acceso, por un valor estimado 72.905,80 euros.

0.17722988128662