O Concello de Meira lembra a obrigatoriedade de limpar a biomasa forestal antes do 20 de xuño

TerraChaXa
Dentro destas franxas de 50 metros non poderá haber árbores das especies como piñeiro, mimosa, acacia, eucalipto, carqueixa, brezo, fento, toxo ou silveira
Maleza-aldeas-Samos
18 May 2025

alcalde de Meira, Antonio de Dios Álvarez, fixo público un bando no que se lembra á veciñanza a obrigatoriedade legal de realizar os traballos de mantemento e xestión da biomasa forestal nunha franxa de 50 metros arredor de vivendas, núcleos rurais e instalacións sensibles, de acordo co establecido pola Lei 3/2007 de prevención de incendios forestais e as modificacións introducidas pola Lei 9/2017.

Segundo se recolle no bando, todos os propietarios de terreos, sexa cal sexa o seu tipo, están obrigados a manter limpas estas franxas de protección situadas ao redor do solo urbano, de núcleo rural e urbanizable; arredor de vivendas illadas, urbanizacións, cámpings, depósitos de lixo, gasolineiras, parques e instalacións industriais situados a menos de 400 metros do monte, e arredor das edificacións illadas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte.

Dentro destas franxas de 50 metros non poderá haber árbores das especies como piñeiro, mimosa, acacia, eucalipto, carqueixa, brezo, fento, toxo ou silveira, segundo recolle a Disposición Adicional Terceira da Lei.

A normativa tamén establece que os titulares dos terreos e propietarios das edificacións serán considerados responsables do cumprimento desta obriga. En caso contrario, a administración poderá executar os traballos de forma subsidiaria e reclamar os custos ás persoas responsables, ademais de abrir expedientes sancionadores e imputar os gastos de extinción de incendios se for necesario.

O Concello lembra que a data límite para ter completados estes traballos é o 20 de xuño de 2025.

⚙ Configurar cookies
0.058719158172607