O Concello de Meira prepara a licitación das obras en Louseira e A Corota
TerraChaXa
O Concello de Meira fixo públicas as bases para a contratación das obras da segunda fase do abastecemento aos lugares de Louseira e A Corota.
15 Abr 2021
O Concello de Meira fixo públicas as bases para a contratación das obras da segunda fase do abastecemento de auga aos lugares de Louseira e A Corota.
O contrato adxudicarase mediante o procedemento aberto simplificado, mediante tramitación ordinaria.
As obras teñen un orzamento de 57.676,21 euros e licitarase por un total de 69.788,21 euros. Os cartos irán con cargo ao Plan Único da Deputación para o ano 2021.
As ofertas poderán presentarse no prazo de 20 días naturais dende a publicación do anuncio de licitación do contratante no Concello de Meira.