O Concello de Meira rehabilitará o exterior do centro sociocultural Federico González

TerraChaXa
O Concello de Meira acometerá a rehablitación exterior da casa da cultura local, que leva o nome de centro sociocultural Federico González.
casa da cultura meira
12 sep 2022

O Concello de Meira acometerá este ano a rehablitación exterior da casa da cultura local, que leva o nome de centro sociocultural Federico González, situado na rúa do mesmo nome.

Segundo explicou o concelleiro de Cultura, Agustín Méndez, os traballos consistirán fundamentalmente na eliminación das humidades e de mellorar o aspecto da casa, que empeza a desprenderse. A intención é a colocación dunha fachada ventilada que lle de un aspecto máis moderno "como se fixo no centro de maiores con panel Larson". Para iso non descartan a utlizacións de paneis de cores.

Ademais intervendrase tamén na cúpula, que se tapará e no tellado.

O edil de Cultura explicou que a casa leva moitos anos funcionando e esa reparación completará a realizada hai uns anos co cambio da cuberta por unha tipo sandwich e o tapado das terrazas, todo cun investimento de 25.000 euros.

A intención do Goberno local é ter as obras en marcha ante de que remate o ano.

0.13435316085815