O Concello de Meira reuniuse coas asociacións para establecer un calendario de actividades

TerraChaXa
O pasado venres día 3 de febreiro de 2023, o Concello de Meira reuniuse cos representantes das asociacións deste municipio.
reunion asociacions meira concello
reunion asociacions meira concello
16 Feb 2023

O pasado venres día 3 de febreiro de 2023, o Concello de Meira reuniuse cos representantes das asociacións deste municipio co fin de elaborar de forma conxunta un calendario de actividades para todo o ano, vendo así as posibilidades de colaboración en casos que así o permitan ou evitando coincidencias cando a tipoloxía das actividades así o aconselle.

Asistiron a esta convocatoria representacións de 17 asociacións das 22 existentes neste concello, achegando cada unha as datas das actividades de carácter anual ou fixas. Queda o calendario aberto a posibles novas incorporacións de actividades a medida que vaian organizándose e fixando datas.

0.18791794776917