O Concello de Meira saca unha nova liña de axudas para a hostalaría local

TerraChaXa
O concelleiro de Cultura anunciou que o Concello convocará estes días unha nova liña de axudas para a hostalaría e a restauración locais.
terrazas covid bar
6 Ago 2021

O concelleiro de Cultura, Agustín Méndez, anunciou que o Concello convocará estes días unha nova liña de axudas para autónomos e empresarios do sector da hostalaría e a restauración.

Consistirán nunha aportación de mil euros para cada un dos establecementos que tiveron que pechar durante os quince días nos que o Concello estivo no nivel alto de restricións.

O prazo para solicitalas será do 10 ao 30 de agosto e a convocatoria farase pública nos próximos días, momento no que se darán a coñecer os mecanismos para solicitalas.

“Sen dúbida, a hostalaría e a restauracións é o sector máis afectado pola covid e queremos paliar un pouco a situación que viviron, en especial cando tiveron que pechar preto de quince días”, explica Méndez.

O Concello de Meira xa repartiu o ano pasado unha serie de axudas dentro do plan Revitaliza o teu Municipio, que foron solicitadas por 69 persoas e todas foron concedidas.

0.20244789123535