O Concello de Meira únese aos actos do Día da Muller
TerraChaXa
Dende o Concello de Meira informan dos actos previstos para o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, para o cal hai convocada unha Folga Xeral.
7 Mar 2019
Dende o Concello de Meira informan dos actos previstos para o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, para o cal hai convocada unha Folga Xeral.
Comezarán ás 11:00 cunha concentración diante do Concello de Meira e a lectura de manifestos. A continuación será a actuación musical de Rut León e David Taboada.
Ás 12:00 haberá unha proxección do filme El Orden Divino na Casa da Cultura. E xa por último, ás 13:30 hroas, haberá unha charla-coloquio sobre a intelixencia emocional a cargo de Manuel Soilán.