O Concello de Mondoñedo inicia os trámites para solicitar un obradoiro de emprego que leve a cabo a rehabilitación da Escola de Pedrido

TerraChaXa | AMariñaXa
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, avanza que o Goberno local vén de iniciar os trámites para solicitar un obradoiro de emprego que leve a cabo a rehabilitación da Escola de Pedrido.
cartaz_peq2
10 Maio 2019

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, avanza que o Goberno local vén de iniciar os trámites para solicitar un obradoiro de emprego que leve a cabo a rehabilitación da Escola de Pedrido.

Así o anuncia no día no que o DOG publica a convocatoria das bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

Candia precisa que a idea é concorrer a estas axudas conxuntamente con outros concellos próximos de cara a presentar un proxecto que permita actuar na coñecida como Escola de Reguengo, emprazada en Pedrido, no Concello de Mondoñedo para evitar así que prosiga o seu deterioro.

Máis de 90 anos de historia

A escola foi construída entre os ano 1923 e 1925 coas achega dos 95 veciños de Cornide, Vilaverde, Pedrido, San Pedro da Torre, San Paio, O Reguengo e Vigo. A escola funcionou ininterrumpidamente ata o ano 1976, cando o Ministerio decidiu concentrar ao alumnado no Colexio Nacional Mixto Comarcal.

Nese período o edificio conservou o seu estado grazas ás reparacións de desperfectos e ao mantemento periódico realizado polo Concello. Coa supresión da actividade escolar comezou unha etapa de deterioro progresivo, polo que o Goberno local considera importante adecentar un edificio singular como paso previo para a súa futura reutilización.

cartaz_peq
0.21981501579285