O Concello de Muras abre o prazo para a solicitude de bolsas a estudantes neste curso 17/18

TerraChaXa
O Concello de Muras crea un sistema regrado de bolsas escolares para estudantes do municipio cun orzamento de 9.
4 Dec 2017

O Concello de Muras crea un sistema regrado de bolsas escolares para estudantes do municipio cun orzamento de 9.600 euros. Estas axudas, concedidas en réxime de concorrencia non competitiva, diríxense á compra de libros e material didáctico complementario para alumnos e alumnas de educación infantil, primaria e secundaria; así coma á compra de libros e material didáctico, así como gastos de vivenda e transporte para alumnos de bacharelato, formación profesional e estudos universitarios.

O importe máximo da axuda para cada un dos solicitantes admitidos será de ata 50 euros de axuda para compra de material didáctico a estudantes de infantil e primaria, ata 200 euros de axuda para compra de libros, material didáctico a estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria e ata 900 euros de axuda para compra de libros, material didáctico, transporte e vivenda a estudantes de F.P. e Bacharelato. E, no caso de estudantes universitarios será un máximo de 1.000 euros a contía da axuda sempre que os ingresos da unidade familiar non sexan superiores a 3 veces o IPREM, 500 euros se os ingresos da unidade familiar quedan entre 3 e 4 veces o IPREM ou 350 euros se superan 4 veces o IPREM.

En caso de que a suma de todos os importes das solicitudes superen o crédito reservado para tal fin, efectuarase un prorrateo proporcional a todas as solicitudes.

As solicitudes para a concesión destas axudas presentaranse no rexistro xeral do acompañadas da documentación requerida antes do xoves 21 de decembro.

A notificación da resolución definitiva realizarase antes do remate do curso en vigor.

0.18922686576843