O Concello de Muras acolle este domingo a III edición do Mini BTT Muras

TerraChaXa
A proba, organizada polo Club Ciclista Viveiro, conta coa colaboración do Concello de Muras
III-Mini-BTT-Muras
10 Ago 2024

Este domingo, 11 de agosto, celébrase a III Mini BTT Muras que acollerá a participación de categoría benxamín, promesas, principiantes, alevíns e infantís, comezando a pobra ás 10.00 horas.

A proba, organizada polo Club Ciclista Viveiro, conta coa colaboración do Concello de Muras, desde onde din estar “moi contentos” co desenvolvemento deste evento porque “é un elemento dinamizador”.

Ademais, destacan que “o deporte leva vencellados valores moi positivos, polo que agradecemos ao Club Ciclista Viveiro que elixa o noso concello para celebrar aquí esta proba e a súa implicación con nós”. Ademais, animan a todas as persoas a apuntarse e achegarse a desfrutar da iniciativa.

0.21285200119019