O Concello de Muras comeza dúas actividades deportivas semanais

TerraChaXa
O Concello de Muras dará inicio este xoves, 21 de febreiro, ás actividades deportivas.
52269932_2304419313128669_2902567503118991360_n
20 Feb 2019

O Concello de Muras dará inicio este xoves, 21 de febreiro, ás actividades deportivas. Haberá dous cursos diferentes, un de zumba, que terá lugar os luns de 20.05 a 21.05 horas. Tamén, os xoves impartirase, de 19.00 a 20.00 horas actividade física multidisciplinar.

Ambas as dúas actividades desenvolveranse no local social de Muras. Os interesados en participar poden facelo chamando ao concello, 982 500 001.

0.19544911384583