O Concello de Muras comezará co abono das axudas da luz

TerraChaXa
O Concello de Muras comezará en breve co reparto das axudas da luz, xestión que están a acelerar os representantes municipais para poder achegar o antes posible aos veciños.
10 Abr 2020

O Concello de Muras comezará en breve co reparto das axudas da luz, xestión que están a acelerar os representantes municipais para poder achegar o antes posible aos veciños.

Como todo os anos, o Concello abriu en febrero un prazo de máis dun mes para que os veciños solicitasen estas axudas correspondentes á pasada anualidade. Como en edicións anteriores, todos os interesados en solicitar esta axuda tiñan que presentar as facturas correspondentes ao todo o ano pasado nas oficinas municipais, no Rexistro Xeral. O abono farase nun único pago.

O importe individual das achegas concedidas ao abeiro desta convocatoria non superará os 600 euros por unidade familiar e concédese en función da renda per cápita anual de cada unha. Este ano aplicarase a suba aprobada en Pleno de cen euros na máxima retribución.

Concederase unha soa axuda a cada familia que o solicite e unha soa por vivenda habitual e por contador da luz destinado á vivenda habitual. No caso de edificios de vivendas, poderase conceder a axuda a cada vivenda que forme parte del e que así conste no padrón municipal de habitantes. Non poderán optar a estas axudas as vivendas que teñan débedas coa administración local, agás que sexan abonadas antes do remate do prazo.

0.13405179977417