O Concello de Muras dará axudas polo covid-19

TerraChaXa
O alcalde de muras, o nacionalista Manuel Requeijo, anunciou que o Concello ofrecerá axudas a todos os veciños do municipio tralo paso da pandemia do coronavirus.
Captura de pantalla 2020 07 04 a las 10.36.39
6 Xul 2020

O alcalde de muras, o nacionalista Manuel Requeijo, anunciou que o Concello ofrecerá axudas a todos os veciños do municipio tralo paso da pandemia do coronavirus.

Segundo indicou, aínda non está claro o formato da axuda nin a contía pero estudarán distintas opcións para poder dar unha axuda "a todas as familias de Muras, xa que todas en maior medida sufriron pola situación creada no estado de alarma". Tal e como explicou, Muras conta cun gran número de autónomos, propietarios de locais e gandeiros e agricultores, "e todos se viron afectados, xa sexa porque pecharon os locais ou mesmo pola baixada dos prezos dos produtos de primeira necesidade".

A contía das axudas dependerá dos cartos que queden sen destino trala suspensión das distintas festas e eventos, algúns de gran trancendencia orzamentaria como a Romaxe Artesá ou as festas patronais. Estas axudas, que irán dirixidas ás familias serán por concorrencia e non entrarán en competencia coas estatais.

 

 

0.18008518218994