O Concello de Muras está a ampliar e mellorar a piscina

TerraChaXa
O Concello de Muras está a realizar as obras de mellora e ampliación da piscina pública, unha obra que ten un orzamento de 110.
muras piscina
13 Mar 2020

O Concello de Muras está a realizar as obras de mellora e ampliación da piscina pública, unha obra que ten un orzamento de 110.000 euros.

Esta é a segunda vez que se inician as obras xa que a anterior concesionaria non cumpriu co prazo estipulado non contrato deixando sen executar o 85% da mesma polo que se procedeu a cancelar o contrato.

Agora, a segunda adxudicataria está a realizar este traballo co obxectivo de ter rematado nun prazo estimado dun mes.

Os traballos consisten na remodelacón do vaso de adultos incorporando novas bombas de aspiracóns e depuración e tamén facer un vaso infantil. Para completar a obra, farase un peche do recinto.

Como explica o alcalde, Manuel Requeijo, "esta obra significa adecuarse ás demandas da poboación de mellora deste servizo e ademais ofrecer un vaso infantil, que non son moitas as piscinas da contorna que o teñen".

O alcalde subliña que a piscina volverá abrir no verán coas novas instalacións para o desfrute dos veciños.

0.19647693634033