O Concello de Muras impulsa unha solución para a ponte Bermuz paralizada dende hai 30 anos
O alcalde de Muras, Manuel Requeijo, mantivo unha xuntanza co presidente da Deputación e o alcalde de Vilalba para buscar unha solución para a Ponte Bermuz. Esta ponte, situada no lugar de A Balsa, uniría os concello de Muras e Vilalba e, segundo o exlicou o alcalde de Muras, “imos buscar o xeito de acabar con esta vergoña que foi un exemplo de despilfarro de cartos públicos no pasado e para iso precisamos a implicación do concello de Vilalba e da Deputación de Lugo”.
Requeijo anunciou que o Concello de Muras impulsará a búsqueda dunha solución “para rematar cunha obra que dende fai 30 anos permanece como un exemplo do que non deben facer as administración” e engadiu “o actual goberno de Muras da solucións reais para as veciñas e veciños, pero precisamos da implicación de outras administracións e co noso traballo imos a promover máis xuntanzas como a celebrada este luns na Deputación para que a solución da Ponte Bermuz sexa efectiva”.
No encontro celebrado na Deputación acordouse iniciar un estudio para analizar as diferentes posibilidades de actuación sobre a Ponte Bermuz e “ver cal sería o investimento necesario para acondicionar a estrutura existente ou buscar outra alternativa máis axeitada” sinalou o alcalde de Muras. Para o alcalde nacionalista “é tempo de facer políticas diferentes no concello de Muras, apostamos polo dialogo e a cooperación entre administracións independentemente da cor política do seu goberno” e engadiu “a xuntanza de hoxe foi un exemplo de como responsables de tres administracións, pertencentes a tres forzas políticas diferentes, fomos capaces de sentarnos para buscar solucións”.
O alcalde de Muras agradeceu a boa disposición do presidente da Deputación e do alcalde de Vilalba e sinalou que “hoxe deuse o primeiro paso para dar solución a unha cuestión que leva máis de 30 anos bloqueada pola falta de entendemento entre administracións”. Despois da análise do estudio previo necesario, as obras poderían executarse con cargo aos orzamentos provinciais no vindeiro ano. Á xuntanza tamén asistiu o voceiro do PSOE no concello de Vilalba e deputado provincial.