O Concello de Muras pon un profesor de apoio
TerraChaXa
O Concello de Muras oferta clases de apoio para rapaces e rapazas que teñen dificultades cos seus estudos.
23 Dec 2019
O Concello de Muras oferta clases de apoio para rapaces e rapazas que teñen dificultades cos seus estudos. Para isto, haberá un profesor particular que axudará cos deberes a aqueles nenos que o soliciten.
O programa, que non terá ningún coste adicional para os alumnos, abrangue os ciclos de Primaria e Secundaria e refírese a todas as materias que se imparten no seu centro escolar. O obxectivo é evitar que os pequenos teñan que desprzarse fóra do municipio.