O Concello de Muras prepara unha noite de observación das Perseidas

TerraChaXa
O Concello de Muras informa que o vindeiro venres 12 de agosto teñen programado unha noite de observación das Perseidas.
1 perseidas muras 2022
1 perseidas muras 2022
9 Ago 2022

O Concello de Muras informa que o vindeiro venres 12 de agosto teñen programado unha noite de observación das Perseidas.

Esta observación será a partir das 23.59 horas na área de autocaravanas do Viveiró. Para inscribirse na mesma hai que facelo chamando ao 982 500 001 ou escaneando o QR que aparece no cartel.

Dende a organización lembran que haberáque ir ben abrigados e levar bebidas quentes, así como, levar un cadeira de praia ou tumbona para estar cómodos e tirarse no chan para unha mellor observación.

Tamén se recomenda levar luz frontal ou unha lanterna con luz tenue e tamén unha tenda de acampada para o que queira durmir na área.

perseidas muras 2022
0.18067717552185