O Concello de Muras quéixase da desidia da Xunta no tema do lobo

TerraChaXa
O alcalde de Muras, Manuel Requeijo, volveu a insistir nos problemas que seguen a ter os veciños de Muras co lobo.
14 Dec 2018

O alcalde de Muras, Manuel Requeijo, volveu a insistir nos problemas que seguen a ter os veciños de Muras co lobo. O mandatario participou na televisión galega nun debate con Marga López a xefa territorial no que volveu a pedir actuacións inmediatas nesta materia.

O alcalde segue considerando que a Xunta non dá resposta á problematica que existe co lobo e co xabaril. "As axudas non se axustan aos danos que causan estos animais, é dicir, hai un lucro cesante e un lucro emerxente, o cesante non se compesa e o emerxente tampouco, e ao final o que está correndo cos gastos e coas perdas son os gandeiros e os labregos. E esto non pode ser", suliña Requeijo.

Dende o concello seguen a denunciar esta cuestión e seguen discrepando das liñas de axudas, nas que se fala de mecanismos de prevencións como a dos mastíns e de pechar as fincas, "pero non son viables xa que nun espazo como a Serra do Xistral no que hai libre estabulación e os animais pastan libremente, é un desproposito", insiste. "Isto significa que non coñecen a realidade onde estamos. E ademais fálase desta problemática, pero a Xunta non sabe nin a cantidade de lobos e xabarís que hai na zona, é dicir, descoñece a realidade, e despois de tantos anos de queixas é incrible que non se teña estudada esta situación", finaliza dicindo o alcalde.

SELO STARLIGHT

Pola súa banda, o concello de Muras segue cos trámites para solicitar o selo da Fundación Starlight, xa que conta cun ceo que reúne excelentes condicións para os afeccionados e amantes da astronomía, sen contaminación lumínica. Este selo é e será un reclamo turístico, como así xa o están demostrando as excursións e a cantidade de visitantes que chegan ao concello.

A Fundación Starlight creou un sistema de certificación que acredita os espazos cunha excelente calidade de ceo e que representan un exemplo de protección e conservación. Son escenarios que incorporan a observación do firmamento como parte do patrimonio natural, paisaxístico, cultural e científico e fomentan o coñecido xa como Turismo das Estrelas.

0.11104583740234