O Concello de Muras recada fondos para Níxer cunha carreira solidaria
Os rapaces do Colexio Antía Cal de Muras celebraron o pasado 23 de marzo unha dobre festa para conmemorar o Día Mundial dos Bosques, que tivo lugar o 21 de marzo, e o Día Mundial da Auga, que se celebrou ao día seguinte. O colexio elexiu o último día lectivo antes de Semana Santa para festexar estas ocasións cunha plantación de árbores.
Conxuntamente celebraron tamén unha carreira solidaria para recadar fondos en favor de Níxer. Esta actividade súmase á celebrada o pasado ano e na que se reacadaron 150 euros. O obxectivo desta actividade é mellorara as instalacións de auga potable e as condicións hixiénicas das zonas rurais deste país africano.
A saída e chegada desta carreira solidaria estivo situada na praza da Galeguidade e nela participaron pequenos e adultos, os maiores cun percorrido dun quilómetro e os pequenos cun circuito máis reducido.