O Concello de Muras rehabilitará a ponte de Samil sobre o Eume
O Concello de Muras investirá un total de 39.083,41 euros na rehabilitación da ponte de Samil, sobre o río Eume. Trátase dunha ponte que se atopa moi deteriorada polo uso e o paso do tempo e que é moi usada polos veciños da zona para acceder ás fincas e propiedades do outro lado do río.
A ponte nova tamén se fará en madeira pero terá unha varanda para protexer de caída e vigas para darlle consistencia á infraestrutura. Ten unha lonxitude de 12 metros e un ancho de 3,30.
Aínda que o seu uso é peonil, coa nova estrutura podería permitir o paso de vehículos nunha emerxencia.
Como explica o alcalde, Manuel Requeijo, esta obra dá continuidade a outras dúas rehabilitacións de pontes, en Curuxos e Bermuz, ambas realizadas dende o ano 2015 “xa que hai moitas deterioradas porque antes non se reparada ningunha e resultan un perigo para os usuarios”.
O proxecto vén de rematarse e a intención do alcalde é licitar a obra en canto se poda.