O Concello de Muras remata as obras da ponte de Samil sobre o Eume
O Concello de Muras deu por finalizadas as obras de rehabilitación da ponte de Samil, sobre o río Eume. Trátase dunha ponte que se atopaba moi deteriorada polo uso e o paso do tempo e que é moi usada polos veciños da zona para acceder ás fincas e propiedades do outro lado do río.
O proxecto foi realizado polo estudo coruñés Barja Felpeto Arquitectos e o contratista foi a ferrolana Cofragsa. O proxecto tivo un custe final de 46.653,50 euros.
A ponte nova refíxose en madeira pero cunha varanda para protexer de caída e vigas para darlle consistencia á infraestrutura. Ten unha lonxitude de 12 metros e un ancho de 3,30.
Aínda que o seu uso é peonil, a nova estrutura podería permitir o paso de vehículos nunha emerxencia.
Como explica o alcalde, Manuel Requeijo, esta obra dá continuidade a outras dúas rehabilitacións de pontes, en Curuxos e Bermuz, ambas realizadas dende o ano 2015 “xa que hai moitas deterioradas porque antes non se reparada ningunha e resultan un perigo para os usuarios”.