O Concello de Muras retoma as obras paralizadas pola corentena

TerraChaXa
Unha vez levantadas as restriccións máis importantes do estado de alarma, o Concello de Muras retomou as obras de instalación do ascensos na casa consistorial, obras que tiveron que paralizarse durante o tempo de corentena e ás que lles resta máis ou menos un mes de traballo.
14 Maio 2020

Nesta mesma situación están as obras da piscina, que tamén tiveron que paralizarse pero que se espera que estean listas para o inicio do verán, aínda que non se asegura a súa apertura ata ver as condicións sanitarias nas que se atope o Concello para esas datas. De feito, o alcalde asegurou que "debido á poboación que temos, son particidario dunha actividade conservadora".

Por outra banda, o alcalde avanzou que nos vindeiros días iniciaranse as obras de acceso ao Cemiterio Municipal, que xa estaban contratadas e coas que se pretende acondicionar a zona debido ao seu mal estado. Así memos faranse as obras nos regos de Penagrande e accesos á Susana.

0.13590288162231