O Concello de Ourol contará en próximas datas cun novo parque eólico

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
29 Aug 2020

O Concello de Ourol abrirá en próximas datas o novo parque eólico, así o comunicou a empresa Greenalia, e será o segundo posto en marcha pola compañía tralo de Miñón.

Estas instalacións contan cunha potencia de 22,5 MW e poderán comezar a verter os seus primeiros megawatios no último trimestre do ano.

Este parque eólico, que contou cun investimento de 26 millóns de euros, conta con cinco máquinas cun rotor de 136 metros e de 4,5 MW e unha vez que este a pleno rendemento producirá 65.300 MWh ao ano.

Durante a fase de construción mobilizáronse un total de 230 empregose unha vez estea a pleno rendemento producirá 65.300 MWh ao ano.

Por outra banda, o Concello e Greenalia asinaron un convenio polo que a empresa achegará ata 60 euros de axuda á escolarización para os menores de 16 anos matriculados no vindeiro curso escolar e ademais recibirán unha mochila escolar para computador portátil.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15672588348389