O Concello de Ourol fará obras de mellora de vías en varias parroquias
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Ourol informou que trala execución do Plan Único do 2019 van "a executar a baixa en actuacións en varias parroquias".
5 Ago 2020
O Concello de Ourol informou que trala execución do Plan Único do 2019 van "a executar a baixa en actuacións en varias parroquias". O alcalde Jose Luis Pajón di que "estes cartos ascenden a arredor de 49.000 euros".
Estas obras serán nas parroquia de Merille, Bravos, Xeriz e Miñotos e consistirán no arranxo de vías, asfaltado e acondicionamento de cunetas. Dende o Concello din que "prevén adxudicar estas obras a mediados do mes de agosto".
Por outra banda, van adxudicar os cartos do plan Agader en melloras en vías que teñen accesos a parcelas onde hai haxa unha explotación gandeira ou agrícola, neste caso a actuación farase na parroquia de Sixto. O alcalde di que o prazo de presentación xa rematou e que esperan acometela canto antes".