O Concello de Outeiro de Rei acolle un curso de monitor de tempo libre

TerraChaXa
O día 23 de marzo dará comezo en Outeiro de Rei  un curso de formación de Monitor de tempo libre, que terá unha duración total de 350 horas distribuídas en dous bloques.
16 Mar 2019

O día 23 de marzo dará comezo en Outeiro de Rei  un curso de formación de Monitor de tempo libre, que terá unha duración total de 350 horas distribuídas en dous bloques.

O primeiro contará con 200 horas teórico – prácticas que se impartirán dende o 23 de marzo ata o 26 de maio os sábados de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00  a 21:00 horas e os domingos pola mañá en horario de 9:00 a 14:00 e durante o período de vacacional de Semana Santa.

Superada a parte teórica,  realizaranse as 150 horas da parte práctica. As persoas participantes escollerán onde facelas poñendo o Concello á súa disposición a posibilidade de facelas no programa municipal de conciliación familiar, en campamentos de verán ou noutras actividades.

O curso será de carácter gratuíto tendo sempre preferencia á hora de cubrir as 15  prazas que se ofertan  as persoas do municipio con respecto ás de fora.

Para acceder é necesario ter cumpridos os 18 anos no momento de comezar o curso, estar en posesión do título de Graduado Escolar, ESO, Formación Profesional ou unha titulación semellante ou superior que supoña a realización previa dalgunha destas.

Dado que o número de prazas é limitado estas cubriranse por orde de solicitude, o prazo de inscrición permanecera aberto ata o 20 de marzo, podendo anotarse ou recibir máis información nas oficinas da Casa da Cultura en horario de mañá.

0.114422082901