O Concello de Outeiro de Rei conmemora o 8M coa presentación dun vídeo sobre emprendedoras

Con motivo do Día Internacional da Muller, o Concello de Outeiro de Rei organiza un acto especial para conmemorar o 8M coa presentación do vídeo 8M-8 Mulleres Emprendedoras no Rural, unha iniciativa que pon en valor o papel fundamental das mulleres emprendedoras no ámbito rural.
O acto terá lugar o domingo 8 de marzo ás 17:00 horas na Casa da Cultura de Outeiro de Rei. Tras a proxección do vídeo, celebrarase unha charla-coloquio aberta ao público, na que se fomentará o diálogo e a reflexión arredor do emprendemento feminino e do papel da muller no desenvolvemento rural.
Desde o Concello de Outeiro de Rei convídase a toda a veciñanza a participar nesta xornada conmemorativa, que busca recoñecer, visibilizar e apoiar o traballo e a iniciativa das mulleres no municipio e no rural.