O Concello de Outeiro de Rei convoca un novo concurso de postais
A Biblioteca Pública Municipal de Outeiro de Rei convoca a fase local do Certame de poesía infantil Nadal 2023 organizado pola Biblioteca Pública de Lugo co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.
Poderá participar calquera neno ou nena, rapaz ou rapaza ata os 16 anos de idade con poemas escritos en galego sobre o tema “O Nadal”, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara; o traballo acompañarase do anexo I cuberto cos datos da persoa autora do traballo.
Establécense tres categorías. A primeira, ata 8 anos; a segunda, de 9 a 11 anos, e a terceira, de 12 a 16 anos.
O prazo de presentación rematará o vindeiro 22 de decembro de 2023, debendo ser entregados na Biblioteca Pública de Outeiro de Rei.