O Concello de Outeiro de Rei entrega os premios do concurso de postais

TerraChaXa
O Concello de Outeiro de Rei entregou os premios do Concurso de Postais Nadal 2019, que contou cun total de 107 participantes.
premiados concurso postais 2019 1
4 Feb 2020

O Concello de Outeiro de Rei entregou os premios do Concurso de Postais Nadal 2019, que contou cun total de 107 participantes. Así, na categoría de 1º a 3º de primaria, os gañadores foron  Roque Vilela García, de 1º; Paula Campos Rozas, de 2º; e Carla Hernando González, de 3º de primaria. Houbo dous accésits, un para María Vila Ares de 3º e outro para Mario Yáñez González de 2º de primaria.

Na categoría de 4º a 6º de primaria, os gañadores foron Iris Peña Piñeiro e Olivia Vázquez Zapata, ambas de 4º de primaria. E tamén houbo dous accésits, un para Diego Escolante Fernández, de 6º; e outro para María García Barreiro, de 5º de primaria.

O participante que acadou co seu traballo a maior puntuación e cuxa postal foi utilizada como felicitación de Nadal foi Gustavo González López, de 4º de primaria.

0.093260049819946