O Concello de Outeiro de Rei está a mellorar o Camiño do Miño

TerraChaXa
Na actualidade o Concello de Outeiro de Rei está a realizar varias actuacións de mellora na ruta de sendeirismo Camiño do Miño consistentes por unha banda na mellora do firme dalgúns tramos que se atopan en mal estado de conservación debido á acción da auga.
19 sep 2020

Na actualidade o Concello de Outeiro de Rei está a realizar varias actuacións de mellora na ruta de sendeirismo Camiño do Miño consistentes por unha banda na mellora do firme dalgúns tramos que se atopan en mal estado de conservación debido á acción da auga. Doutra banda, preténdese rehabilitar unha ponte de madeira existente sobre o leito do río Santa Marta que require a reposición de varandas que foron arrasadas pola crecida.

Ademais destes labores de mellora das condicións de accesibilidade e seguridade do roteiro preténdese mellorar a experiencia sensorial do visitante colocando ao longo do roteiro unha serie de elementos interpretativos que a partir dun código QR dean acceso a un vídeo aéreo que permitirá visualizar o que poderíamos ver nese lugar se puidésemos voar.

Trátase de ofrecer ao sendeirista a posibilidade de coñecer o territorio desde o ceo, indicando ademais en cada un deses puntos cales son os principais elementos da paisaxe circundante que se divisan desde esa posición.

Desta forma pódese comprender mellor o territorio apreciándoo en ambas escalas, a humana, a pé de carreiro, e a aérea, que nos da unha perspectiva maior e permítenos situarnos dentro do espazo natural no que nos atopamos e que coñeceremos aínda mellor a través do panel interpretativo que se colocara en cada un destes puntos.

0.12325096130371