O Concello de Outeiro de Rei presenta as actividades da muller este venres

TerraChaXa | LugoXa
Este venres, día 9 de febreiro, o salón de actos da Casa da Cultura de Outeiro de Rei acollerá o acto de presentación da vixésima cuarta edición do Programa de Actividades de Promoción da Muller 2024 nun acto presidido pola concelleira de Servizos Sociais, Mª José Martínez Vigo e o alcalde, José Pardo Lombao.
8 Feb 2024

A partir das 17:00 h as persoas que asistan coñecerán a nova programación que o Concello de Outeiro de Rei porá en marcha ao longo do ano e poderán inscribirse unha vez rematada a presentación nas actividades previstas para o primeiro semestre do ano. Lembrar que aínda que a programación vai destinada ás mulleres, algunha das actividades previstas estará aberta á participación dos homes.

As prazas cubriranse por orde de solicitude e o prazo de inscrición das actividades previstas para o primeiro semestre do ano permanecerá aberto ata o día 27 de febreiro.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18141508102417