O Concello de Outeiro de Rei vén de mellorar un parque infantil

LugoXa | TerraChaXa
Esta acción encádrase no proxecto de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais, mellorando un servizo necesario para as familias
parque-infantil-Outeiro-de-Rei
14 Nov 2024

O Concello de Outeiro de Rei vén de mellorar un parque infantil nunha zona urbanizada na parroquia de San Martiño de Guillar cunha subvención da Xunta de Galicia.

Así, cun custo de 51.418,32 euros, o parque infantil, que estaba nun estado de abandono e con madeiras rotas, o que para os veciños era “un perigo para os nenos”; agora loce outra cara.

Esta acción encádrase no proxecto de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais, mellorando un servizo necesario para as familias dunha zona moi transitada do Concello.

0.17659306526184